17 Feb
17Feb

O instituto de Lamas de Abade manterá ESO, bacharelato e FP alomenos dous cursos máis

Concello e Xunta estudarán de forma conxunta unha ubicación idónea para un novo centro integrado de formación profesional


Como ben sabedes, grazas ao voso apoio, ilusión e esforzo, fomos quén de chegar á opinión pública e as distintas administracións ca problematica causada pola intención da Consellería de Educación ao respecto de converter o actual IES de Lamas de Abade, nun centro integrado de FP e o conseguinte traslado do alumnado para outros centros da cidade.
Despois de explicar, propoñer, escoitar e dialogar, cos responsables da consellería de Educación, cos responsables en materia educativa no Concello, cos distintos representantes de todos os partidos presentes no pleno do Concello, co Alcalde, prensa, radio, mestres, profes, nais, pais, etc....estes días foi saíndo na prensa de xeito pouco claro que a proposta non era para XA!, e que se estaban estudando opcións.
Pois ben, acabamos de recibir unha chamada dende a Conselleria de Educación, onde o seu Secretario Xeral de Educación, nos acaba de decir que só era unha proposta, que teñen outras opcións que entenden que son mellores, e que non se vai a levar a cabo o de converter o IES nun centro integrado de FP, o que provocará que non se mova ao alumnado de ESO e Bacharelato para ningún outro centro.
Estamos dispostos a seguir traballando para que o IES de Lamas de Abade, sexa un centro ben dotado de medios, persoal e infraestruturas no que se ofreza un ensino público de calidade para toda a veciñanza...
Non temos palabras para agradecervos a todas e todos, todo o que estades aportando en favor desta proposta....
Tan pronto teñamos mais avances,
seredes os primeiros en sabelo.
Apertas

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.
I BUILT MY SITE FOR FREE USING