O propósito fundamental da Anpa é, evidentemente, contribuír ao desenvolvemento de accións orientadas á mellora da calidade educativa dos nosas fillas e fillos. E entre esas accións está a solicitude de que o conxunto do centro goce dunhas infraestruturas axeitadas.
A este respecto, avanzámoslle á xefatura territorial, entre outros problemas, que o centro non dispón de vestiarios nin duchas no pavillón de deportes, o que impide realizar unha actividade deportiva coas mínimas condicións hixiénico-sanitarias. Entendemos que se trata dunha cuestión prioritaria e que debe ser subsanada ao longo do presente curso 2018/19.
Moi urxente resulta tamén acometer a renovación da cuberta do edificio que alberga a aula de Tecnoloxía do centro, pois o seu deteriorado estado fai que a aula sufra inundacións frecuentes que impiden o normal desenvolvemento das clases nese espazo.
O escrito foi remitido o 2 de novembro. Ata o momento, non obtivemos resposta.