03 Feb
03Feb

Non pode existir ensino público cun mínimo de calidade se eliminamos institutos e masificamos os restantes e  tampouco podemos poñer atrancos ao rural se de verdade queremos manter as mesmas oportunidades para tod@s e fixar poboación.

A consellaría de educación ten en mente desmantelar a secundaria do noso instituto. Unha importante zona de Santiago xunto coa súa contorna rural vai ficar sin este servicio que vai ter que ser impartido noutro centro que vai quedar masificado xa no vindeiro curso.

O IES Lamas de Abade é un centro moi diferente e especial. Diferente por que nel existe unha FP moi prometedora relacionada coa imaxe persoal e con todo o que ten que ver cos servicios vecellados coa saúde. Ademáis do anterior o que fai especial ao noso instituto é que  recolle aos estudantes de secundaria dunha ampla zona rural.

Adxunto o comunicado inicial da Anpa e de moitas asociacións veciñais que non é máis que o pistoletazo de saída desta nova loita na que compre ser máis fortes que nunca, AFÍLIATE Á NOSA ANPA!!!!!!

COMUNICADO

ANTE A PROPOSTA DA CONSELLERIA DE EDUCACIÓN DA XUNTA DE GALICIA DE CONVERTIR O IES DE LAMAS DE ABADE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, NUN CENTRO INTEGRADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL
As asociacións asinantes deste escrito queren trasladar as autoridades educativas e as administración con competencias en materia de ensino o seguinte:

1. Consideramos que a proposta de fortalecer a oferta, medios e dotacións do ensino público, para que a Formación Profesional sexa unha verdadeira plataforma para acceder ao mercado laboral da nosa mocidade ven a responder a unha demanda social e económica. Para que se poida desenvolver unha oferta formativa de calidade é necesario contar con espazos e profesionais, e iso non se fai dun día para outro, necesitase de planificación e vontade para acadar o éxito. Sen embargo dende a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, entendese esta “modernización da FP” como unha ocasión máis para desmontar o ensino público, concretamente de secundaria, e volve a ser outra agresión aos servizos da poboación do rural.

2. Non parece axeitado suprimir un centro de ensino secundario, na zona da cidade con maior crecemento poboacional nos últimos anos, e onde se incrementará de forma significativa o número de veciños e de nenos en idade escolar nos próximos anos.

3. A proposta da Consellería pasa por trasladar (incluso para o próximo curso), ao alumnado (e ao profesorado) que neste momento cursan os seus estudos da ESO e Bacharelato en Lamas, para o IES de SAR. Un centro de formación urbano, pegado a nova estación intermodal da cidade, con carencias de espazo, e con dificultades de tráfico e acceso, e onde se pretende masificar ao alumnado, eliminando espazos de uso común e dotacións complementarias do centro ( aulas de desdobre, laboratorios, etc, ).

4. Dende a ANPA do IES de Lamas, trasladouse aos responsables políticos a pertinencia de avaliar os problemas actuais e futuros que esta decisión provocará, que entre outros son:

a) Eliminación dun centro educativo para o ensino secundario. Non se fan centros de ensino público de secundaria dende fai décadas, mentres medran outras ofertas como a concertada. 

b) Saturación de espazos no IES de SAR, xa non só no escenario COVID ( onde será imposible acomodar aos rapaces). A proposta é ir a aulas ao máximo de ratio permitida, é dicir, 30 alumnos por aula. Esto implica unha perda de calidade educativa.

c) Imposibilidade de que unha parte significativa do alumnado poida acceder camiñando a un centro próximo ao seu fogar, ou empregando o trasporte público. 

d) Incapacidade actual e a para os próximos cursos de contar con prazas suficientes de ESO e Bacharelato na zona para os rapaces que viven nas áreas de afectación do IES de Lamas e do CEIP de Lamas, para que poidan estudar en condicións; sendo a solución desprazarse a outros centros educativos mais lonxe das súas casas ( centros saturados de alumnado, sen espazos e con imposibilidade de ampliación), ou incluso a centros de ensino concertados. 

Comunicamos a nosa total oposición a esta desfeita, e propoñemos:

PRIMEIRO.- Que se paralice o traslado do alumnado e profesorado mentres non se teña un centro educativo da dimensión necesaria , e cos medios propios do século XXI na contorna onde acoller aos actuais e futuros alumnos da ESO e Bacharelato do IES Lamas de Abade. 

SEGUNDO.- A necesaria construción urxente dun novo centro educativo de secundaria, para o curso 2022-23. Existen espazos públicos municipais e orzamentos suficientes na administración para acometer esta inversión (Fondos do Ministerio de Educación, da Unión Europea e da Xunta de Galicia. 

TERCEIRO.- No ano 2021 a Xunta contará co maior orzamento da súa historia. Non pode ser un motivo a falta de orzamento para non executar unha obra necesaria que melloraría a calidade do Ensino, e que cubriría as carencias actuais de prazas no ensino público. 

CUARTO.- Que a potenciación da Formación profesional pase por un proxecto real e a medio/longo prazo, e non en mera propaganda ampliando minimamente a oferta e minimizando as inversións no IES de LAMAS DE ABADE. Si como sociedade, necesitamos de futuros profesionais especializados, deben ser formados en condicións. 

QUINTO.- Que se constitúa e se dote das infraestruturas necesarias o entorno de Lamas de Abade, como un verdadeiro campus educativo preuniversitario, onde convivan e se aproveitan de forma óptima as instalacións, e espazos entre a comunidade educativa. ( instalacións deportivas, de lecer, espazos de aprendizaxe ao aire libre, etc..) Queremos que a nosa mocidade teña os servizos onde lles toca vivir, igualdade deoportunidades, e un ensino pensado para as persoas, de calidade e con futuro.
ANPA CEIP LAMAS DE ABADE, ANPA LAMAS DO CASTIÑEIRIÑO DO IES LAMAS DE ABADE, ANPA DO IES DE SAR, AVV. ANGROIS, AVV. CASTIÑEIRIÑO, AVV. O EIXO, AVV. COTO DA NAI de ARINS, AVV. SAR, AVV. MARROZOS, AVV. VISO, ESPAZO VECIÑAL DE SAR, AGRUPACIÓN FOLCLORICA DE SAR e FERUSA (Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago)


Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.
I BUILT MY SITE FOR FREE USING