Dende que se coñeceu a noticia, sen publicidade ,da eliminación da ESO e o Bacharelato do IES LAmas de Abade, a súa Anpa non perdeu nin un minuto en lamentacións e púxose en marcha para tratar de aportar posibles solucións compatibles coa necesaria creación dun centro de formación profesional integrado.
A directiva da Anpa púxose en contacto primeiro co secretario xeral de educación e formación profesional da consellería de educación e posteriormente cos representantes de todos os partidos políticos con representación no concello de Santiago.
Asimesmo recabou o apoio de diferentes asociacións de veciños e mesmo da Anpa do CEIP Lamas de Abade e do IES de Sar.
Esta actividade xerou un interese por parte dos medios de comunicación que deu lugar á aparición de noticias en xornais o entrevistas de radio.
Deixámosvos un resumo desta actividade toda.