10 Mar
10Mar

A comezos do segundo trimestre, a ANPA enviou ás familias o seguinte escrito informativo.

Reproducimos aquí o contido fundamental:

Desde a Xunta directiva queremos informarvos sobre as accións principais a prol da calidade do ensino que se realizaron nestes meses e tamén sobre as previstas para o resto deste curso. Asemade, animámosvos a participar e a contribuír a dinamizar o labor da asociación.

Xa en maio e xuño do curso 16-17 establecéronse conversas coa Dirección do IES para abordar diversos problemas, especialmente en 3° ESO. Ao mesmo tempo, fixéronse efectivas propostas da Xestora da ANPA de racionalización do calendario de exames, considerando a participación do alumnado.

No curso 17-18 salientamos:
– A xuntanza co profesorado e dirección para procurar a redución da marcha de alumnado que finaliza 4° ESO e continúa estudos noutro centro.
– A elaboración e coordinación do envío dun escrito, asinado por toda a comunidade educativa de Lamas de Abade, dirixido ao Concello para solicitar melloras de mobilidade.
– O traslado dunha proposta á dirección de realización dunha feira das profesións.
– A apertura e mantemento dun sitio web con novas e con espazo de intercambio.

Por último, neste curso actual estivemos e estamos centrados/as en:
– Envío dun escrito con solicitude de entrevista ao xefe territorial de Educación da Coruña.
– Entrevista co xefe territorial, acadando o compromiso de resolución dos problemas de calefacción e de dotación de vestiarios no pavillón polideportivo (pode consultarse a nova na Voz en goo.gl/qRZSHZ).
– Encontro cos concelleiros de medio ambiente e de vías e obras para explicarlles a situación dos accesos e do transporte, así como para concretar actuacións necesarias.
– Participación no Consello Escolar a través do representante Domingo Ruíz.
– Interese e apoio na reapertura da cafetería.
– Realización de entrevistas coas forzas políticas do Concello para lles trasladar as necesidades de desenvolvemento integral da mobilidade en todo o contorno.
– Posta en marcha da organización dunha mostra protagonizada polo alumnado e de charlas.
– Procura dun acordo de mellora do funcionamento do transporte e dos horarios escolares.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.
I BUILT MY SITE FOR FREE USING