As principais decisións tomadas na xuntanza do 29 de xaneiro foron:
- Procura dun acordo conxunto de mellora do funcionamento do transporte e dos horarios escolares. Tras consulta ao Centro, cumprirá recoller o sentir maioritario das familias afectadas polo transporte e trasladar a proposta á Consellería.
- Realización de entrevistas coas forzas políticas do Concello para lles explicar as necesidades de mellora integral da mobilidade no contorno dos centros de Lamas e acadar compromisos.
- Organización dun ciclo de charlas neste curso escolar.