11 Mar
11Mar

Hoxe inícianse as reunións, promovidas pola ANPA, coas forzas políticas do Concello para procurar compromisos que permitan pór solución aos problemas de mobilidade e seguridade no campus de Lamas de Abade. Desenvolveranse ata o luns 18, a través de sesións específicas con cada grupo.

Toda a comunidade escolar (Direccións, ANPAs, AAVV) vaille transmitir aos representantes das forzas políticas que conformarán previsiblemente a vindeira corporación municipal as evidentes necesidades de mellora no deseño da mobilidade na zona, ante unhas vías insuficientes que soportan un elevado tránsito de autobuses e de vehículos particulares e que carecen en moitos puntos de beirarrúas e mesmo de sinalización, co perigo que comportan. O obxectivo é establecer o compromiso de inicio dun estudo que achegue solucións integrais (ampliación de rúas e de prazas de aparcamento, apertura de novas conexións, extensión das regulacións e dos acondicionamentos, reforzo do transporte...) e que estas medidas se poidan efectivas o antes posible.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.
I BUILT MY SITE FOR FREE USING