As entidades participantes nas conversas cos grupos políticos municipais acadaron o compromiso de:
- Poñer en marcha o antes posible un estudo de detalle da mobilidade do campus de Lamas que permita comunicalo e conectalo ao xeito e mais facer compatibles, fluídos e seguros os diferentes usos.
- Crear máis prazas de estacionamento e reservar as necesarias para persoas con mobilidade reducida.
- Limitar e controlar a velocidade nas vías (sinalización e mecanismos de limitación no firme).
- Axustar os horarios dos autobuses urbanos e reforzalos en horas punta.
- Contar con maior presenza policial na zona.
- Instalar o mobiliario urbano preciso: colectores, papeleiras, sinais, etc.
Na prensa:
Insisten sobre propostas de hai tempo para afrontar problemas que continúan e empeoran
Alertan de que o caos vial en Lamas de Abade ameaza a miles de escolares