Estimadas Nais e Pais,
A falta de poucos días para que comece o curso 2020-21, as familias atopámonos ante un escenario de incerteza e falla de información.
As autoridades educativas cambiaron as instrucións e os protocolos dos centros educativos a última hora. A nova organización dos centros non parece que vaia a estar resolta antes da data prevista de comezo do curso.
Varios centros educativos públicos de Santiago emitiron un comunicado conxunto o día 9 de setembro, onde manifestan a imposibilidade de ter todo preparado a tempo, e sinalan unha serie de carencias sen resolver. Neste momento centros doutras cidades están secundando estas propostas, polo que todo apunta a un retraso no inicio do curso, cunha data estimada para o próximo día 23.
Dende a ANPA apoiamos todas as iniciativas propostas pola equipa directiva do IES Lamas de Abade e o profesorado, que esixan un ensino público, seguro, presencial e de calidade.
Ofrecemos a nosa pequena axuda para o que sexa preciso, máis demandamos información puntual ás familias dende o centro, .....na educación dos nos@s fill@s contamos tod@s.