11 Sep
11Sep

Ante as incertezas e dúbidas no comezo deste curso tan atípico, non hai mellor maneira de esixir información que pertencer ao ANPA do noso centro. Agardamos que vos pongades en contacto connosco para sermos máis fortes. 


Estimados pais e nais,

Hai un par de anos, un grupo de pais e nais decidimos comezar unha nova xeira da ANPA do IES Lamas de Abade, constituíndo legalmente unha asociación co obxectivo de contar no centro cun instrumento que nos permitise establecer interlocución fluída coa dirección do centro e coa administración educativa.

Pasado este tempo, a actual directiva da ANPA cesa na súa totalidade por diferentes motivos persoais, entre os que están a finalización dos estudos no centro dos fillos e fillas de parte dos membros da directiva. Así pois, toca proceder á renovación total da directiva da ANPA ou, se non hai un colectivo significativo de pais e nais interesado, á disolución da asociación.

Máis ca nunca, nestes tempos convulsos de pandemia, a existencia das ANPAs faise necesaria nos centros para poder trasladar as propostas e peticións de pais e nais de xeito colectivo. Máis ca nunca, queremos estar informadas e informados de xeito fluído e opinar sobre a marcha do curso e sobre as condicións que terán as clases presenciais e remotas. Máis ca nunca, cómpre velar para que o progreso educativo e a saúde das nosas fillas e fillos non se vexan afectados significativamente polas condicións desta nova situación.

Con esta comunicación queremos facer unha chamada á vosa participación, polo que solicitamos encarecidamente que aqueles de vós que esteades interesados en participar na nova dirección da ANPA vos poñades en contacto coas persoas indicadas abaixo.

Dependendo do interese que suscite esta comunicación, avaliando os contactos establecidos antes do 30/9, procederemos a convocar unha reunión onde se formalice a renovación da Xunta directiva ou, no caso non desexado, á disolución da ANPA. No caso de que se disolvese, calquera iniciativa de establecer outra nova ANPA conlevará a realización de todos os trámites burocráticos de novo, co correspondente investimento de tempo, diñeiro e esforzo.

Polo ben das nosas fillas e dos nosos fillos, paga a pena participar, manter activa a ANPA e ter un cauce estruturado de opinión, información e colaboración.

Moitas grazas a todos.

Persoas de contacto:

Víctor Estévez Garrido; vestevez@coit.es; 657821375

Domingo Ruiz Pineda; druizpineda@gmail.com; 699325557

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.
I BUILT MY SITE FOR FREE USING