Xornadas sobre coeducación e prevención da violencia de xénero


19 May
19May

Estas xornadas, organizadas pola Secretaría Xeral de Igualdade, atenden a promoción da igualdade e a loita para erradicar a violencia contra as mulleres. Abordaranse nelas conceptos básicos sobre as desigualdades persistentes na sociedade e no contexto educativo, os estereotipos e roles de xénero, as condutas machistas, a conciliación e a necesidade da corresponsabilidade. Inclúense experiencias das Anpas neste eido.

A actividade formativa diríxese á comunidade educativa en xeral, mais especialmente a integrantes das ANPAs, familias e profesorado. Na Coruña celebrarase o 31 de maio.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.
This site was built using