Asemblea xeral o xoves 25


25 Oct
25Oct

A Asociación de Nais e Pais do IES de Lamas de Abade quere animar a todas as familias que formades parte do noso Centro a sumarvos ás dinámicas abertas a prol da calidade do ensino e da igualdade de oportunidades para tod@s.

Así, a Directiva da ANPA convoca a todas as nais e pais a unha asemblea xeral que se celebrará o 25 de outubro ás 19:30 horas no Salón de Actos do Instituto, coa seguinte orde do día:

1. Situación actual da Anpa. Elección de nova Xunta directiva.
2. Necesidades de mellora do Centro, accións realizadas e novas iniciativas.
3. Proposta de actividades para o presente curso.
4. Xestión do espazo web.
5. Suxestións.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.
This site was built using