Acordos da Asemblea Xeral e eleccións ao Consello Escolar


20 Dec
20Dec


Ás 20 horas do día 25 de outubro de 2018, en segunda convocatoria, reuniuse a Asemblea Xeral con carácter de ordinaria da Asociación de Nais e Pais Lamas do Castiñeiriño, do IES Lamas de Abade. Os acordos máis destacados son os seguintes:

  • Apróbase a continuación nos cargos dos membros da actual Xunta directiva.
  • Concórdase na necesidade de abrir un período de afiliación.
  • Decídese elaborar un escrito dirixido ás familias cunha pequena memoria da actividade da Anpa e con propostas de temas para a Escola de Nais e Pais centradas no acoso e ciberacoso.
  • Elíxese por unanimidade a Domingo Ruíz Pineda como representante da ANPA no Consello Escolar do Centro.
  • Estímase urxente persistir na comunicación coa Delegación territorial e o Concello.
  • Acórdase traballar na organización dunha mostra ou festival que poña de relevo o desempeño extraescolar do alumnado, co fin de recoñecer e facer visible o seu labor artístico ou deportivo.

De por parte, o día 30 de novembro de 2018 reuniuse a Xunta Electoral do IES, que proclamou como candidatos/as elixidos/as para formar o Consello Escolar do Centro a:

  • Profesorado: Laura Díaz Jullien, María del Carmen Álvarez Villalaín, María Jesús García López, Marina Raíces Madriñán.
  • Alumnado: Sergio Carballal Varela, Diego Sánchez Vidal, Andrea González Hebra, Jesús Folla Midón.
  • Nais e pais: Jesús de la Fuente Blanco. Como representante da ANPA, Domingo Ruíz Pineda.
Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.
This site was built using